DECLARACIÓN DE ESQUERDA UNIDA IZQUIERDA UNIDA EN LUGO, ANTE O ATAQUE NORTEAMERICANO SOBRE IRAK.
O Presidente norteamericano,
unha vez máis, actua sen ter en conta a orde internacional, para
distrae-la atención sobre os problemas que teñe en casa.
Como xa fixera en varias ocasións, o Presidente Clinton, ataca un
país, neste caso Irak, como anteriormente fora Sudán ou Afganistan,
para
facerse publicidade nestes intres
en que tanto o necesita por mor do proceso de destitución de que
é obxecto. Para elo, non lle importa o máis mínimo
o número de persoas, sempre que non sexan estadounidenses, que podan
morrer.
A excusa, o incumplimento
por parte de Irak, das resolucións das Nacións Unidas, a
mesma que en 1.991, olvidandose de aplicar esta medida a tódolos
paises que reiteradamente incumplen estas resolucións; Israel dende
1.948, Marrocos dende 1.976, etc... En todo caso, debe ser a, inoperante
e secuestrada polo dereito de veto, Organización das Nacións
Unidas, quen castigue os incumplimentos das súas resolucións,
e non un país, autocoroado como xendarme mundial, o que de costas
a dita
organización proceda a
un castigo cobarde e desmedido. Cobarde por que a tecnoloxia belica
utilizada (misiles Tomahawk disparados dende máis de 1.000 Km, e
bombardeiros B-2 e F-117 invisibles ó radar) esta moi por riba do
que un Estado como o Irakí condeado, teoricamente, pola súa
capacidade bélica é capaz. ¿Con que autoridade
moral pode o principal fabricante e posuidor de armas de destrucción
masivas atacar a un páis para evitar que este teña armas
dese tipo? Ningén vai defender ó dictador irakí, pero
o dictador americano, non é quen de asasiñar a milleiros
de inocentes, moitos deles nenos e nenas,
con calquera das anteriores excusas.
Pode ser que Irak sexa un perigo para algún páis, non
expecialmente para nos ou para os EE.UU., nembargantes, os Americanos si
son un perigo para toda-la humanidade, xa que os seus tentáculos
chegan donde queren, como a historia nos ensina. O Goberno español,
lamentablemente unha vez máis, actua como un pelele asintindo
e ofrecendo as instalacións militares españolas para ser
complice deste acto de terrorismo internacional, colocandose, á
zaga
do verdugo británico en
apoiar os asasinatos. Lamentable é tamén a actitude da falsa
esquerda que dí gobernar en Francia, Italia ou Alemaña,
que tamén apoia estes actos. Consideramos que o Secretario Xeral
das Nacións Unidas, mostrouse incapaz de cumplir cá súa
labor, se ben é certo, que toda a
Organización é
inoperante polo que, como tra-lo ocurrido cá Sociedade de Nacións,
sería necesaria unha reforma total de dito organismo internacional,
que en ningún momento funciona democráticamente, máis
ben todo o contrario, ou a súa disolución. Pediremos explicacións
ó Goberno do Estado, pola súa complicidade nestes asasinatos,
á vez que pedimos que un Tribunal Penal Internacional xulge os actos
terroristas do Presidente Norteamericano.
Por último, facemos un
chamamento á poboación, para que mostre públicamente
a súa repulsa por esta nova agresión imperialista contra
aqueles que, simplemente, se negan a seguir os dictados do
todopoderoso xendarme ianqui,
e defendemos o lexitimo dereito da autodefensa da humanidade contra o perigo
norteamericano.
Florentino Balado.
SECRETARIO DE COMUNICACIÓN
E PRENSA..
Rúa San Fernando Nº6,
1º
27001
LUGO.
Teléfono e Fax:
254274.
e-mail: euiulugo@izquierda-unida.es